miércoles, 25 de enero de 2012

ESPAGUETI DE MAR

A Himantalia,nace a  partires dunha especie de botón ou ombligo e pode chegar a acadar ata 3 metros de lonxitude,é unha das máis descoñecidas nos paises asiáticos e nembargantes unha das máis exitosas na cociña galega.É moi rica en fósforo.Xa sabedes este último xunto co Calcio,importantísimos para que os nosos ósos se manteñan ben.

martes, 24 de enero de 2012

ALGAS

PARECEN CORAIS,PERO NON SON.OS CORAIS NON VIVEN NAS ROCHAS DA SUPERFICIE,NA ZONA INTERMAREAL.SON ALGAS CALCÁREAS DO GRUPO DAS VERMELLAS.

domingo, 22 de enero de 2012

UÑAS DE GAVIOTA

REALMENTE,CHÁMOLLE UNAS DE GAIVOTA,PERO EN REALIDADE NON SEI COMO LLE CHAMA A XENTE DE MUXIA..(xa preguntarei).SON MOLUSCOS ESCAFOPODOS,OS MÁIS PRIMITIVOS.NUNCA OS ATOPAS VIVOS.

viernes, 20 de enero de 2012

ERIZOS IRREGULARES

Os seus caparazóns aparecen con moita frecuencia,na praia  donde paseo,xa non teñen espiñas,e apreciaselle uns debuxos nas placas,bueno como se pode observar na foto.Viven enterrados na area,alimentanse de algas e recordan aos equinodermos fósiles ....

sábado, 14 de enero de 2012

carallos das posas

Outro exemplar que nos pasa totalmente desapercibido.É unha holoturia,pepino de mar...pero na nosa zona,chámanlle CARALLO DAS POSAS(POZAS)

miércoles, 11 de enero de 2012

OROLA

Quizáis sexa   un dos  moluscos  máis abundantes na praia, donde fago estas fotos.As súas cunchas baleiras,inundan a   area .Ao igual que  as navallas,deixan unha especie de depresión na area cun buratiño.
Disque a empanada de orolas está boisima.............

LAMINARIA

Estas   algas pardas,que arriban á praia,aparte de ser exemplares 
 fermosos,son coñecidas tamén como

 KOMBU,unha das algas alimentarias máis consumidas no mundo.